Keep the news in the Wayback Machine. Sign Fight for the Future's letter.




Mércores, 23 de xaneiro de 2013 ás 17:00 no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán sito na rúa Madalena 202-204 de Ferrol.
Perspectivas e retos da Biblioteca Hemeroteca do Ateneo Ferrolán por Fernando Rivera, bibliotecario do Ateneo Ferrolán.
O acceso aos arquivos locais e a súa tipoloxía por Bernardo Máiz, profesor e investigador.
Arquivos e a web semántcia, a normativa española de descrición arquivística por María González Bonome, profesora da Universidade da Coruña.
O presente dixital por Xoán Porto, documentalista.
Esta conferencia aborda o problema incipiente da preservación da información dixital en todos os ámbitos: desde os arquivos familiares e privados, pasando polos medios de comunicación social, tanto tradicionais como os novos medios, e as institucións depositarias da memoria colectiva, arquivos, bibliotecas e centros de documentación. A transición do papel aos denominados soportes dixitais trae aparelladas moitas vantaxes pero tamén inconvenientes para a preservación. Ademais das actuacións específicas, para garantir no futuro a preservación e recuperación da información dixital por parte das futuras xeracións é perentorio poñer hoxe as bases para arquivar a World Wide Web, moi especialmente no eido local.
Modera Mónica Amenedo, vogal da Biblioteca na Directiva do Ateneo Ferrolán.